Inicio

A Valedora do Pobo convoca concurso de méritos para a adscrición de persoal funcionario de carreira a dous postos vacantes da súa relación de postos de traballo (Resolución do ____ de novembro de 2026).

Formulario versión galego

Postos convocados

  • Posto nº 15 – Administrativo/a. Corpo administrativo, grupo C (equivalente ao subgrupo C1). Servizos Administrativos. Nivel 20. Complemento específico: 21.269,23 €/ano.
  • Posto nº 20 – Auxiliar administrativo/a. Corpo auxiliar, grupo D (equivalente ao subgrupo C2). Servizos Administrativos. Nivel 16. Complemento específico: 20.778,66 €/ano.

Quen pode participar

Persoal funcionario de carreira de calquera Administración pública que pertenza ao subgrupo C1 (posto nº 15) ou ao subgrupo C2 (posto nº 20), ou ao grupo equivalente no seu réxime de procedencia, e que cumpra os demais requisitos das bases.

Como presentar a solicitude

  1. Cubra e envíe o formulario electrónico de solicitude. O propio formulario calcula a puntuación dos méritos que declare.
  2. Ao enviar o formulario, aparecerá en pantalla a solicitude completa cos datos introducidos. Imprímaa e asínea. Ademais, recibirá unha copia no seu correo electrónico; se non lle chega, revise a carpeta de correo non desexado. Pode empregar calquera das dúas para a presentación.
  3. Presente a solicitude asinada no rexistro da Valedora do Pobo (Rúa do Hórreo, 65, Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Prazo: quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (do ____ ao ____).

Importante: o envío do formulario por si só non substitúe a presentación no rexistro. Unha vez enviada a solicitude, non se poderán engadir nin eliminar datos.